Procesionaria do piñeiro
Thaumetopoea pityocampa
-Descrición: a eiruga é de cor verdosa coa cabeza negra e vólvese gris, o seu corpo está cuberto de pelos picantes e alcanza un tamaño duns 40 mm. Os adultos aparecen no verán, reprodúcense e poñen nas agullas das árbores, formando un cilindro de ovos arredor da folla que a femia protexe deixando escamas do seu propio corpo. Os adultos teñen unha vida moi curta (2-3 días) son bolboretas de cor gris cinza con venación máis escura e as ás traseiras son brancas con bordo gris e unha mancha escura. Os ovos eclosionan ao cabo dun mes e as eirugas comezan a alimentarse dos brotes de piñeiro.
-Hábitat natural: bosques en toda a península.
-Alimentación: os brotes das árbores.
-Ciclo vital: metamorfose completa (ovos, eiruga, crisálida, bolboreta).