Seguridade alimentaria: A.P.P.C.C.
sistemas APPCC

Que  é a Seguridade Alimentaria?

Consiste no establecemento dunhas normas, a aplicación responsable das mesmas por parte dos distintos aros da cadea alimentaria, así como a súa correspondente verificación.
Tal como se establece na normativa vixente, son as empresas alimentarias as legalmente responsables da seguridade dos alimentos que producen, transportan, almacenan ou venden.

Esíxese que as empresas e negocios desenvolvan procedementos cun enfoque preventivo, identificando e controlando os riscos antes de que estes poñan en xogo a seguranza dos alimentos, evitando así a aparición de doenzas.

Para iso hase seguir un sistema predeterminado, que pasamos a explicar.

A obrigatoriedade do Sistema de Autocontrol (A.P.P.C.C.)

Trátase dunha metodoloxía de traballo que permite IDENTIFICAR, AVALIAR E CONTROLAR PERIGOS SIGNIFICATIVOS para conseguir alimentos inocuos durante a súa elaboración ou procesado. é unha ferramenta utilizada para protexer os produtos de potenciais perigos biolóxicos, químicos e/ou físicos nas diferentes fases de elaboración dos produtos. É ademais un instrumento de confianza cara o consumidor.

Pois ben, tendo isto en conta, e en aplicación da normativa vixente, tal como se establece en el R.D. 640/2006 máis no 1338/2011, a responsabilidade de obter e distribuír alimentos seguros recae nos produtores, elaboradores e distribuidores. En consecuencia, recae sobre as actividades alimentarias -sexa industria, hostalaría, comercio polo miúdo…- desenvolver os sistemas de autocontrol conforme os principios nos que se basea a Análise de Perigo e Puntos de Control Crítico (A.P.P.C.C.). Noutras palabras,  contar cun Plan A.P.P.C.C.

En ARUMIA ofrecémoslle un servizo integral de asesoramento, formación e implantación para que poda cumprir coa obrigatoriedade do Plan A.P.P.C.C. no seu negocio.

 

Que método seguimos?

Tras un estudo das súas instalacións e dos procesos concretos de elaboración dos alimentos, no que analizamos os riscos presentes en cada fase do proceso e identificamos os Puntos de Control Críticos, establecemos as medidas preventivas e correctoras que habería que tomar, así como os sistemas de vixilancia. Tamén nos ocuparemos da elaboración dos rexistros correspondentes máis do referido a alérxenos.

Así pois, o plan  A.P.P.C.C.  estará formado por este conxunto de elementos:
  • Plan de Limpeza e Desinfección
  • Guía de Boas Prácticas da manipulación
  • Plan de Saúde e Hixiene del persoal
  • Plan de Control de Pragas (Desratización- Desinsectación)
  • Especificacións de subministracións e certificacións a provedores
  • Plan de Mantemento de instalacións, equipos e útiles
  • Plan de Residuos
  • Plan de Potabilidade
  • Avaliación da rastrexabilidade

 

Plan de Control de Pragas

Canto o Plan de Control Integrado de Pragas, Podes consultar outros dos nosos servizos para obter máis información sobre estes servizos: Desratización e a desinsectación.

Vixilancia a través de analíticas

No referente aos sistemas de vixilancia, establécense en base a seguimentos analíticos que realizamos.

Estes poden ser de:

    • Auga: análise microbiolóxica e físico-química
    • Superficie: identificando determinados puntos clave para detectar se o Programa de limpeza e desinfección está cumpríndose
    • Manipulación de alimentos: contrólase se as e os manipuladores de alimentos están poñendo en práctica a Guía de Boas Prácticas de Manipulación
    • Ambiente: proporciónanos datos sobre o grao de contaminación ambiental das zonas nas que se manipulan alimentos o ben entran en contacto con eles
    • Alimentos/comidas preparadas: realízanse análises de produto final e de materia prima segundo a lexislación

 

Desinfección

A desinfección vén definida como a redución ou eliminación dos organismos patóxenos, e é sempre un proceso que require que se realice previamente o de limpeza.

Para levala a cabo utilizamos desinfectantes, é dicir, axentes químicos, físicos ou biolóxicos con capacidade de matar os organismos patóxenos ao contacto.

Na actividade agroalimentaria utilizamos desinfectantes modernos con formulacións complexas que comprenden sustancias químicas, xabóns, deterxentes e produtos que favorecen a penetración das sustancias activas.

Para a verificación da eficacia da desinfección tomamos mostras de contacto.

Restaurantes e bares: Ocupámonos da desratización e desinsectación, así como de todas as obrigas en materia de seguridade alimentaria.

Hoteis e albergues: Tratamentos para chinches e cascudas, desratización e desinsectación en xeral, así como Plan A.P.P.C.C. en materia de seguridade alimentaria.

 

Desratización

Desratización

Desratización Son moitas as comunidades, administracións de fincas, propiedades de vivendas ou negocios e instalacións industriais...que nos chaman por problemas relacionados cos roedores. Os roedores, ademais de representar unha presenza incómoda en calquera fogar,...

read more
Desinsectación

Desinsectación

Tratamiento Desinsectación   Os procedementos de xestión e control de pragas oriéntanse a combinar diferentes actuacións de forma conxunta e coordinada. Resulta fundamental, primeiro, coñecer o/os tipo/s de inzo/s a controlar: o insecto ou insectos, e dese xeito,...

read more
Desinfección por coronavirus

Desinfección por coronavirus

Servizos de desinfección de coronavirus En Arumia somos profesionais da desinfección de espazos, por iso ofrecémoslle a seguridade dos seus empregados e clientes coa garantía de Arumia. Todo o noso equipo está cualificado e ten os elementos necesarios para a súa...

read more
×