Desinsectación

Tratamiento Desinsectación

 

Os procedementos de xestión e control de pragas oriéntanse a combinar diferentes actuacións de forma conxunta e coordinada.

Resulta fundamental, primeiro, coñecer o/os tipo/s de inzo/s a controlar: o insecto ou insectos, e dese xeito, saberemos o seu ciclo biolóxico e hábitos de vida. Estudamos tamén a súa distribución espacial, cuantificamos a infestación e avaliamos a súa incidencia.

A aplicación de Biocidas Biorracionais, que destacan pola súa baixa ou nula toxicidade para humanos, fauna e flora, así como polo seu escaso impacto no medio ambiente, é cara onde se dirixe o control integral de pragas, e en ARUMIA, pola importancia que lle concedemos a estes aspectos, témolo moi presente.

Deste modo algúns dos sistemas que utilizamos son:

Feromonas: que son sustancias químicas segregadas polos insectos e que orixinan unha resposta noutro insecto da mesma especie. Existen varias clases de feromonas e hai tamén feromonas propias de determinados insectos, como no caso das cascudas.
Xeles: con moi baixa toxicidade, que utilizamos principalmente en tratamentos para cascudas e formigas.

Ademais, contamos con outros sistemas, para cando a situación de infestación nos aconsella utilizar outros métodos, como poden ser o pincelado, a pulverización ou a termonebulización de produtos insecticidas de uso profesional, acompañando o aspirado.
Para determinadas pragas, como as chinches, contamos con dispositivos de vapor seco e por temperatura, que permiten un tratamiento eficaz sen recorrer a produtos químicos que poden resultar nocivos.

Os tres pasos no tratamento de desinsectación son:

1) Avaliación ou diagnóstico no que examinaremos o caso.
2) O equipo especializado de Arumia realizará a desinsectación necesaria para eliminar a praga
3) O último paso é o seguimento, para asegurar a efectividade do tratamento e evitar novas infestacións.

Desratización

Desratización

Desratización Son moitas as comunidades, administracións de fincas, propiedades de vivendas ou negocios e instalacións industriais...que nos chaman por problemas relacionados cos roedores. Os roedores, ademais de representar unha presenza incómoda en calquera fogar,...

read more
Desinfección por coronavirus

Desinfección por coronavirus

Servizos de desinfección de coronavirus En Arumia somos profesionais da desinfección de espazos, por iso ofrecémoslle a seguridade dos seus empregados e clientes coa garantía de Arumia. Todo o noso equipo está cualificado e ten os elementos necesarios para a súa...

read more
Control de Aves

Control de Aves

Para evitar que as aves (gaivotas, pombas estorniños, ...) habiten masivamente ou coloquen niños en cornixas, balcóns, patios de luces, chemineas, cubertas, no interior dos barcos, nas zonas portuarias ... a solución son as barreiras repelentes e capturas físicas,...

read more
×