Hixienización Aire acondicionado
Calidade de Aire Interior en Sistemas de Ventilación/Climatización de Aire Acondicionado (SV/CAA)
O interese pola calidade ambiental no interior de edificios é cada vez maior, e a pandemia do coronavirus tivo un efecto definitivo sobre isto. O deseño de edificios cerrados e o moito tempo que pasan as persoas en ambientes interiores converteuse nun obxecto de preocupación.
Ademais do relacionado co risco de transmisión del virus, queixas en relación aos olores con sensación de ambiente cargado, cheiro a humidade, irritación de gorxa e nariz, proído de ollos, dores de cabeza, lagrimexar, alerxias, son queixas frecuentes entre as persoas que frecuentan edificios con contaminación microbiana en aire interior.
Para resolver todo isto, cando resulta posible contamos coa opción da ventilación natural. Sen embargo, en moitas ocasións non podemos solucionalo por esta vía, e, en calquera caso, as instalacións de climatización ou aire acondicionado están moi estendidas, polo que hai que prestarlles a debida atención para que a nosa saúde non se resinta.
Para coñecer máis en detalle o que se sabe sobre a transmisión por vía aérea do virus da Covid19 e as súas implicacións para os sistemas de ventilación e climatización, deixamos aquí esta información
Principais contaminantes no aire interior
Estes van depender da actividade que se desenvolva no interior do recinto, así como da situación dos edificios, a calidade de ventilación…
Poden ser de 3 tipos:
- Químicos, como son o dióxido ou monóxido de carbono, compostos orgánicos volátiles, produtos da combustión dos motores dos vehículos, zonas industriais, situación de xardíns, etc.
- Físicos, como é a presenza de fibras, po, temperatura, ruído.
- Biolóxicos, isto é: bacterias, virus e fungos. Estes contaminantes poden proceder das propias persoas, pero tamén dos sistemas de climatización, ventilación e aire acondicionado, en ocasións con falta de mantemento, etc. A proliferación dos contaminantes biolóxicos depende das condicións ambientais, como a temperatura, a humidade relativa, a luz e a renovación de aire.
Algúns deles son patóxenos e provocan doenzas
Virus: Adenovirus (infeccións respiratorias), Parvovirus, Herpesvirus (herpes, varicela zoster, mononucleose), Virus da influenza (gripes), Coronavirus (constipado común, síndrome respiratoria aguda severa, Covid19). Bacterias: Neisseria meningitidis (meninxite), Staphylococcus aureus (pneumonía), Estreptococos como Streptococcus pyogenes, Streptococcus agalactiae e Streptococcus pneumoniae, pneumococo (enfermidades da gorxa, o oído medio, os senos paranasais, os pulmóns, a pel, as válvulas cardíacas e o torrente sanguíneo).
Desde ARUMIA ofrecémoslle unha Auditoría da Calidade do Ambiente Interior nas instalacións e/ou locais analizando os parámetros descritos na normativa referente á Calidade de Ambientes Interiores e Calidade e Saúde Ambiental [máis]
Hai que destacar a obrigatoriedade dunha auditoría anual da Calidade do Aire Interior nos edificios con instalacións térmicas de potencial útil nominal maior de 70Kw (sumatorio da potencia de todos os equipos).
Por outra banda neste punto, cabe lembrar tamén que a propia O.M.S. identifica o ambiente interior en edificios como un dos principais riscos para a saúde, dada a grande cantidade de tempo que as persoas pasan decote dentro deles.
PROTOCOLO DE AVALIACIÓN, VALIDACIÓN E ESTÁNDARES
A avaliación do sistema consiste nunha inspección visual dos seus elementos:
- Aire exterior no que está situado o edificio [más]
- Unha clasificación do edificio (usos e actividades) [máis]
- Identificación dos elementos do SV/CAA
- Os protocolos da avaliación
- A frecuencia da avaliación
Os elementos que deben ser avaliados son estes:
- Calidade do aire exterior –Medicións
- Unidades de tratamento do aire (UTA´s) e climatizadores. Débense avaliar todos os seus compoñentes (filtros, plenuns, baterías, bandexas de condensados, illamento acústico, recuperadores de calor, aparatos de humidificación ou arrefriamento diabático (intercambio de calor)
- Rede de condutos de impulsión
- Rede de condutos de retorno
Debemos referir que non se considerará conforme aquela inspección que non inclúa cando menos os seguintes parámetros:
- Temperatura e Humidade Relativa do aire: confort térmico.
- Dióxido de Carbono (CO2)
- Monóxido de Carbono (CO)
- Partículas en Suspensión por Gravimetría (PM 2.5)
- Reconto de Partículas en Suspensión (0.5 e 5 micras)
- Microorganismos en Suspensión (fungos e bacterias)
A ESTRATEXIA DE MOSTRAXE PARA UN INFORME
A estratexia de sondaxe, a determinación do número de puntos de mostraxe depende da superficie total construída, do número de sistemas UTA (Unidad de tratamiento del aire).[máis]
1. Temperatura /Humidade
2. Dióxido de Carbono (CO2)
O CO2 é un bo indicador a nivel cualitativo da calidade de aire nun interior. En función da taxa de renovación de aire encontraremos «aires» con maior ou menor concentración de CO2. Pódese medir en taxa porcentual ou en p.p.m. (partes por millón) e o seu nivel dependerá, en espazos interiores, da cantidade de persoas e da renovación de aire.
Uns valores de 800 a 1.200 p.p.m. refírese que poden provocar molestias como dores de cabeza, canseira ou outros problemas respiratorios. De feito nas guías para contextos laborais do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo considérase que por encima de 1.000 p.p.m. de CO2 a renovación de aire é insuficiente.
3. Monóxido de carbono
O monóxido de carbono reacciona de maneira diferente ao dióxido de carbono cos seres humanos. O CO2 despraza o aire -de aí o seu principal perigo-, mentres que o monóxido de carbono, que se introduce no organismo a través da respiración, entra no fluxo sanguíneo e capta oxíxeno, pois trata de converterse en CO2. A consecuencia inmediata é que retarda o movemento, comeza a somnolencia máis o letargo; se el fenómeno persiste prodúcese a denominada «morte doce».
4. Partículas en Suspensión por Gravimetría (PM 2.5)
5. Reconto de Partículas en Suspensión (0.5 y 5 micras)
6. Formaldehido, o Compuesto Orgánico Volátil (COV)
É un produto canceríxeno e que se pode encontrar en diversos elementos, desde mobles, vernices, lacas, tecidos, espumas illantes, desinfectantes, produtos de limpeza, etc
Para un interior el valor óptimo debería ser 0,0 p.p.m. Calquera valor por encima informa que existe una fonte de emisión
7. Inspección microbiolóxica e estándares
A inspección microbiolóxica debe avaliar todos os compoñentes das UTA´s, as superficies dos condutos e calquera outra superficie representativa do sistema sobre a que poda existir crecemento microbiolóxico, así como o aire de impulsión e retorno.
Decididos os puntos de mostraxe para que sexan representativos, procederase na mostraxe microbiolóxica a tomar:
En cada punto de mostraxe ambiental tomaranse dúas mostras [máis] :
- Unha mostra ambiental por aspirometría una para fungos e levaduras
- Unha mostra ambiental por aspirometria para aerobios
- Tomaranse tamén 2 mostras de superficie de aerobios
Tomar mostras da contaminación total de flora microbiana aerobia mesófila existente por metro cúbico de aire impulsado polos SV/CAA así como do aire de ambiente interior.
EQUIPO DE MOSTRAXE
O equipo é un completo sistema para a mostraxe microbiolóxica do aire, método aspirométrico que se pode observar nas seguintes imaxes.
Higienización de los sistema de ventilación/climatización
Inspección técnica para preparar un proxecto inicial de valoración
Procedemos á limpeza de sólidos e desinfección para romper a cadea de transmisión na que as instalacións de climatización / ventilación poden converterse en microorganismos patóxenos, destacando o asperguillus.
Verificamos o tratamento realizado tomando mostras que podemos comparar coas recollidas antes de sanear os condutos, certificando o tratamento ao propietario da instalación.
Para este procedemento seguirase o disposto na Norma UNE EN 100 012, contida no RITE actual.