Cómo evitar a amenaza da legionelose
Legionella en Coruña

1. Como prolifera a bacteria Legionella: O papel da auga estancada

A legionella é unha bacteria ambiental capaz de sobrevivir nun amplo intervalo de condicións físico-químicas, a súa temperatura óptima de crecemento dáse entre os 35 ºC e 37 ºC. O seu nicho ecolóxico natural son as augas superficiais, como lagoas, ríos, estanques, formando parte da súa flora bacteriana sen descartar a auga de mar.

A presenza de auga contaminada coa bacteria en instalacións mal deseñadas, mal instaladas, sen mantemento ou con un mantemento inadecuado favorece o estancamento da auga e a acumulación de produtos nutrientes para ela, tais
como lodos, materia orgánica, materias de corrosión e amebas, formando unha biocapa. A presenza desta biocapa, xunto a unha temperatura propicia, explica a multiplicación de  Legionella  ata concentracións infectantes para o ser humano
causando a legionelosis.

 

2. Identificación da Lexionelose: Signos e síntomas a ter en conta

A lexionelose é a enfermidade bacteriana de orixe ambiental que soe presentar dúas formas clínicas diferenciadas:

– A infección pulmonar o « Enfermidade do Lexionario», que se caracteriza por pneumonía con febre alta.

– A forma non pneumónica, coñecida como « Febre de Pontiac», que se manifesta como un síndrome febril agudo e de prognóstico leve.

A lexionelose é unha das enfermidades obxecto de declaración obrigatoria desde 1995 está establecida unha rede nacional de vixilancia epidemiolóxica, sendo os casos e brotes obxecto de notificación a través de dita rede, o que permite a recollida e análise da información sobre casos e brotes de lexionelose co fin de poder detectar problemas, valorar os cambios no tempo e no espazo e contribuír á aplicación de medidas preventivas e de control fronte esta enfermidade.

 

3. Identificación das instalacións de risco e as responsabilidades na prevención.

As instalacións que empregan auga que poden xerar aerosois son:
– sistemas de auga fría de consumo humano
– sistemas de auga quente
– bañeiras de hidromasaxe ou de tratamento con chorros
– torres de refrixeración
– condensadores evaporativos
– fontes ornamentais
– sistemas de rego
– sistemas de lavado de vehículos
– sistemas contra incendios
-etc

Quedan excluídas do ámbito de aplicación as instalacións localizadas nos edificios dedicados ao uso exclusivo de vivenda, sempre e cando non afecten ao ambiente exterior destes edificios. Elo sen detrimento de que, ante a sospeita
dun risco para a saúde da poboación, a autoridade sanitaria poderá exixir que se adopten as medidas de control que se consideren oportunas

A responsabilidade principal do cumprimento das condiciones hixiénico- sanitarias corresponde ao titular das instalacións, que poda recorrer a empresas de servizos para a realización de operacións de prevención e control de Legionella nas instalacións a o seu cargo.

 

4. O papel dunha empresa de prevención da lexionella

Estas empresas son expertas na aplicación das medidas preventivas nas instalacións de risco así como no asesoramento para axudar a entender os riscos e a implementar as medidas de prevención sempre segundo o R.D. 487/22 e se deben á aplicación das medidas de prevención de riscos laborais en concreto sobre a protección das traballadoras contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo.

No caso de que a persoa titular da instalación contrate con un servizo externo a realización total ou parcial das tarefas de prevención de la legionella éstas deberán quedar descritas y acreditadas documentalmente.

Arumia unha vez contratada para os servizos de prevención e control de Lexionella nas instalacións ao seu cargo, somos os responsables de que se leven a cabo correctamente as tarefas contratadas polo titular da instalación quedando rexistrado no contrato e na Declaración Responsable segundo R.D. 487/23.

 

5. As medidas de prevención

As medidas de prevención da lexionella baséanse na aplicación de catro principios:

a) Garantir a eliminación o redución de zonas sucias, o acumulo de sucidade, así como os estancamentos mediante un bo deseño e o mantemento das instalacións e equipos.

b) Evitar as condiciones que favorecen a supervivencia e multiplicación da Lexionella, mediante o control da temperatura da auga e a desinfección da mesma.

c) Minimizar a emisión de aerosois. d) Aplicar medidas correctoras para mitigar o risco.

Polo tanto, si vostede é titular dun establecemento nos que se empreguen equipos que xenen aerosois pode contactar con  ARUMIA  para garantir a seguridade do seu espazo.

Control de aves en Galicia

Control de aves en Galicia

Arumia hónrase de ser a empresa líder e innovadora no control de aves en Galicia. Desde a nosa fundación, marcamos a diferenza con solucións efectivas e respectuosas para abordar os desafíos que presentan as aves no noso entorno natural. Desafíos do Control de Aves en...

read more
Vespas e velutinas

Vespas e velutinas

A avespa asiática (Vespa velutina) É unha especie de avespa da familia vespida orixinaria do sueste asiático. Esta avespa, como outras do seu tipo, aliméntase de insectos (abellas, formigas, bolboretas, pulgóns, etc.) e outros invertebrados. A abella Apis cerana,...

read more
Chinches

Chinches

Chinches (Chinche de la cama) Cimex lectularius Descrición: son aplanadas, de forma oval e sen ás. As ninfas son translúcidas, de cor clara e adquiren unha cor escura con sucesivas mudas ata alcanzar a madurez. Atraído pola calor do dióxido de carbono que respiramos,...

read more
×