Erradicación de térmites
Sistemas de medida
Para isto, cando é preciso, valémonos de numerosos equipos de inspección: detector de CO2, endoscopio, medidor de humidades, cámara de inspección con TV, dispositivos de escoita como o Audiotermes…, que, xunto con outros datos e informacións, complementan a inspección visual que realizamos.
A Inspección
A inspección, que en moitos casos inclúe tamén o estudo de aspectos como humidades e, incluso, elementos estruturais da construcción, permítenos realizar un diagnóstico da patoloxía, isto é, da infestación, neste caso por acción dos térmites, e das características que esta presenta.
Ao tempo posibilítanos establecer as medidas preventivas e/ou curativas, o tratamento fronte a xilófagos da madeira a realizar, así como outras medidas, ben en relación a eventuais problemas de humidades, ben a nivel de recomendacións a respecto doutros elementos construtivos.
Canto o tratamento de exterminación de térmites, cando os ataques son de escasa importancia e focalizadas, podemos inclinarnos por actuacións puntuais, que ben diagnosticadas poden ser suficientes para resolver o problema.
Inxección de insecticidas
En determinadas situacións, podemos optar por intervencións consistentes na inxección de insecticida no interior das pezas de madeira atacadas pola praga. Trátase dun tratamento polo que se inxecta o produto cunha bomba a presión nos elementos estruturais danados utilizando uns elementos que se denominan inxectores. Estes están provistos dunha válvula de retención e colócanse en tresbolillo na superficie da madeira previamente limpa.
Para o resto dos supostos, e fronte ás técnicas tradicionais de inxección de grandes cantidades de químicos, propomos o sistema Exterra™, a alternativa biolóxica máis eficaz contra os térmites.
Tratamento e instalación de cebos
O tratamento está baseado na instalación de cebos alimenticios só para os térmites, formados por un soporte celuloso cunha extraordinaria apetencia para eles. Estes soportes están impregnados dun inhibidor da síntese da quitina con efecto retardador. Este sistema evita que os térmites fagan as mudas necesarias, impedindo, así, que podan cheegar á fase adulta, provocando co tempo o colapso da colonia ou colonias.
Control de pragas de térmites
Os cebos van colocados en estacións deseñadas para non molestar ás colonias de térmites durante o período de eliminación e adaptadas a calquera tipo de superficie.
O sistema conta co certificado CTBA+, o organismo certificador de produtos de calidade para control de xilófagos máis importante do mundo.
Arumia é Operador oficial de Exterra
Prótese de resina Epoxi para a recuperación das pezas de madeira gravemente danadas
Complementariamente, e dentro do tratamiento do que estamos a falar, cando nos encontramos vigas e outros elementos de madeira en avanzado estado de degradación, que se queiran conservar polo seu valor artístico, ornamental ou estrutural, ademais de procedermos ao seu saneamento, podemos conseguir a súa consolidación con recuperación das propiedades mecánicas perdidas.
Coas próteses de resina, as partes de madeira inservibles son substituídas por unha estrutura de resina armada profundamente ancorada, que ao que endurece está xa en condicións de poder ser traballada para igualala ao resto da peza.
Sistemas de barreira para o control de térmites e contra a subida de auga por capilaridade
Outros sistemas que contan con grande respaldo na actuación fronte aos térmites, son os que se basean na creación de barreiras que lles impiden o acceso á madeira das vivendas.
Sistema Thermifilm
Como sistema de barreira ofrecemos o sistema Thermifilm, unha película plástica de alta resistencia, coa que poder illar a totalidade da cimentación e da soleira, ou ben determinados elementos da construción, con:
– Unha acción termiticida, letal por contacto para estes insectos
– E eficaz ao mesmo tempo contra as humidades por capilaridade, ao ofrecer unha función adicional de película anti-humidade.
Así pois, en obra nova evita que os térmites podan acceder á madeira pola zona de albanelaría, tubaxe ou condutos. A súa protección conséguese vertendo a lámina no chan, entre o solo e o edificio, para crear una barreira física e química que os térmites no poden cruzar. Igualmente pódese utilizar en obras de rehabilitación en edificio xa levantado, instalándoa nas cabezas das vigas, co que se logra protexelas.
Trátase dun produto que leva no mercado máis de 15 anos y sempre cunha eficacia de protección do 100%. É un produto inocuo co medio ambiente pois o insecticida forma parte das cadeas moleculares do plástico, polo que se elimina así o risco de contaminación en solos e capas freáticas. Os informes de eco-toxicidade deste produto deron como resultado que non está clasificado como perigoso para o medio ambiente conforme o Regulamento da CE nº 1907/2006.
Conta coa certificación CTBp+
Sistema de barreira física contra a subida de auga por capilaridade
Os térmites subterráneos, a especie máis común en Galicia, requiren unha considerable cantidade de auga para sobrevivir, polo que o acceso a este elemento é fundamental para elas. Prefiren a madeira húmida e nos termiteiros é habitual que conten con reservas de auga. Esta auga almacenada utilízano para a construción de túneles, xa que axuda a abrandar y dar forma aos mesmos.
Un dos fenómenos que se poden producir nas vivendas é o da humidade por capilaridade, é dicir, a ascensión de auga a través de pequenos tubos ou capilares, por exemplo debido a que as paredes absorben auga do subsolo. As sales presentes no solo son arrastradas pola auga aos muros, migran e cristalizan na superficie nas zonas de evaporación.
Isto, ademais doutros danos na propia vivenda máis na súa confortabilidade, podería favorecer la presenza de térmites.
Profesionais no Control de Pragas de Térmitas en Galicia
Pois ben, en ARUMIA poderiamos ofrecerlle un sistema de barreira contra a humidade por capilaridade, de moito interese dado que as edificacións que nos preocupan se encontran nunha latitude predominantemente húmida como a nosa, e cunhas características xeolóxicas determinadas.
Este sistema consiste en realizar una inxección a presión con contador de paso a través duns orificios realizados no muro por encima do nivel do chan, que consegue o bloqueo de toda nova ascensión de humidade a partir das 48 horas de concluír a operación, para iniciar así un proceso progresivo de desecamento do muro que logra a desaparición completa do problema.
Insectos xilófagos, tratamentos anti-pragas
Como ben se desprende de todo o aquí exposto, en materia de insectos xilófagos, e, máis en concreto, de térmites, aínda que en determinadas intervencións utilizamos o que, como coloquialmente se di, fumigar as zonas afectadas, afortunadamente hoxe en día son variados os tratamentos antipragas que podemos utilizar con absoluta eficacia, o que nos permite unha mellor adaptación á diversidade de situacións que se presentan.
Todo isto fai que resulte preferible que, como técnicos especializados podamos coñecer o seu caso concreto e, sen custe nin compromiso ningún, lle podamos realizar unha proposta que se adecúe o máis posible ás súas necesidades.