Couza e outros xilófagos
tratamientos de madera carcoma y otros xilofagos

Escarabajo carcoma (Anobium punctatum)

Tratamentos de madeira: couza e outros xilófagos

A couza e os danos que ocasiona

Os noso mobles, así como os elementos e estruturas de madeira dunha casa, poden sufrir os ataques de fungos e de insectos de ciclo larval. Así sucede en moitas ocasións, polo que non resulta nada extraordinario. Este é o caso do que coloquialmente se denomina polilla, aínda que en realidade é á couza (ou caruncho), e/ou a outros xilófagos tamén comúns en Galicia, ao que nos referimos.
As especies de insectos xilófagos máis estendidas son a couza fina ou escaravello dos mobles, a couza ou “reloxo da morte”, a couza grande e a traza, traza fina ou marrón, ou traza do parqué.
As larvas destes coleópteros, ademais doutros efectos máis visibles na superficie, prexudican a madeira ao construír galerías no seu interior que poden acabar causando graves problemas incluso na resistencia
mecánica dos elementos danados.
Patología de la madera estructural

Gonzalez-Prieto O, Toza Vazquez M., Pedras Saavedra F.
(2008) Patoloxia da madeira estructural.
Ed. Fundacién Fomento Calidad Galicia. ISBN 978-84-691 -6284-2

Dependendo da especie, teñen preferencia por un tipo de madeira ou outra. Fundamentalmente atacan a albura da madeira, pero algunha especie tamén pode afectar o durame.

De modo xeral, dado que nos estamos referindo a diferentes especies, cada unha co seu ciclo, podemos dicir que é na primavera e nos meses seguintes cando podemos observar os exemplares adultos, que saen
ao exterior para a reprodución.

A observación de individuos adultos é un modo de identificación de que efectivamente temos na vivenda presenza activa de praga. Pero xunto a este feito, tamén resulta sinxelo atopar os restos que deixan pola
construción de galerías, alén doutros signos tamén facilmente apreciables na superficie da madeira.

mueble con carcoma

Tamén son frecuentes os fungos xilófagos

Ás veces asociados á presenza destes insectos, existen outros axentes que igualmente poden danar de forma importante a madeira, como os fungos, e en menor medida os mofos, que achan un ambiente
favorable en condicións de certa humidade na madeira ou en contornas deficientemente ventiladas.

De xeito destacado mencionamos os fungos da podremia parda (ou cúbica), así como da podremia branca (ou fibrosa) e a branda, que reciben estas denominacións en atención aos efectos que causan sobre a madeira.

Tan descoñecida como molesta: a scleroderma

Unha consecuencia da presenza de couza é que en ocasións se ve acompañada da scleroderma doméstica.

Este é un insecto predador, que lo que fai é parasitar as larvas da couza. Por esta razón están intimamente relacionadas a presenza de unha coa da outra.

As femias desta especie producen picaduras nas persoas que resultan moi molestas, e que moitas veces levan a pensar na presenza de pulgas ou outros insectos. Cando a couza que temos na madeira é pouca, as
picadas poden ser ocasionais; pero convértense nun problema máis serio se hai moita.

Realizamos actuacións de desinsectación contra a scleroderma, pero ha de aclararse que para ser efectivas, implican realizar simultaneamente tratamentos contra a couza

Os tratamentos contra os xilófagos

Afortunadamente, en ARUMIA dispoñemos de múltiples sistemas de tratamento, en función da avaliación inicial que fagamos por medio dunha inspección previa, que levamos a cabo de forma totalmente gratuíta.

Pasamos a comentar algúns destes sistemas, non sen antes sinalar que a todos os traballos que realizamos estendémoslles unha garantía, que no caso dos tratamentos de madeira, por regra xeral, é de 3 anos.

logo Aneproma

Arumia pertence a Aneprona, Asociación Nacional de Empresas de Protección da Madeira

Tratamentos con insecticidas

Estes son os tratamentos máis convencionais, e que sosteñen que adoito se nos solicite fumigar e se nos coñeza como fumigadores.

-A pulverización, na que aplicamos por medio de máquinas pulverizadoras producto insecticida-larvicida-funxicida na superficie de madeira previamente limpa.

-A termonebulización en pezas de madeira pouco permeable e de sección grande.

-A inxección, que para as pezas de sección grande é o método curativo máis eficaz. Consiste na aplicación, a través de inxectores provistos dunha válvula de retención que incrustamos na madeira,
produto insecticida-larvicida-funxicida e que impulsamos por medio dunha bomba a presión.

– O pincelado de produto insecticida-larvicida-funxicida, como método único, sobre superficies de madeira vista, ou ben, como complemento doutros sistemas de tratamento.

operario de Arumia tratando la madera anti carcoma     tratamiento anti carcoma en vigas nuevas de madera

Cámara de Atmosfera Controlada

O tratamento de mobles e outros obxectos en cámara por temperatura é un tratamento de control de pragas altamente especializado e eficaz. Trátase, ademais, dun sistema altamente indicado para protexer artigos de elevado valor histórico ou artístico que podan correr o risco de infestación por parte de calquera tipo de insecto, e en xeral pezas delicadas, pois o tratamento se efectúa de maneira que se preservan as súas características sen dano ningún sobre as pinturas, vernices, tapizados…que podan facer parte da peza.

O tratamento realízase dentro dun ambiente selado, nunha cámara que se encontra nas nosas instalacións, deseñada para conter os obxectos a tratar. A acción monitorizada da temperatura de tratamento máis o
control da humidade consegue eliminar con efectividade todas as fases de desenvolvemento dos insectos, o que inclúe ovos e larvas con independencia do momento do ano en que o fagamos.

Completamente diferente doutros tipos de tratamento de pragas, o sistema de Atmosfera Controlada por temperatura é un tratamento completamente consolidado, seguro e limpo, que deixa os obxectos desinsectados, inmaculados e sen residuos de calquera caste.

Algunhas das súas vantaxes son:

– libre de pesticidas

-absolutamente natural e eficaz para protexer os obxectos de valor

-elimina todas as fases de desenvolvemento dos insectos (incluídos insectos de difícil tratamento)

-os obxectos desinsectados poden utilizarse inmediatamente despois do tratamento. Polo demais, tamén é eficaz para tratar elementos de téxtil e peles, así como libros.

tratamiento de alfombras en atmosfera controlada  tratamiento carcoma en relojes antiguos

tratamiento de la carcoma en libros  tratamiento de la carcoma en muebles

Así pois, convértese nun dos tratamentos indicados para pezas de:

-Museos, galerías e coleccións de arte

-Anticuarios 

-Arquivos e bibliotecas

-Tapicerías e téxtil e peles

Novas tecnoloxías para eliminar pragas na madeira do teu fogar

Ademais da cámara térmica dispoñemos de sistemas móbiles, que podemos trasladar e poñer a funcionar facilmente no domicilio. Estes sistemas baséanse tamén no tratamento térmico, sen uso de pesticidas. Son, por tanto, tecnoloxías limpas e efectivas que logran eliminar os insectos e fungos xilófagos da madeira en calquera das fases de desenvolvemento no que se encontren con protección absoluta dos bens a tratar.

Incorporámolas ao noso traballo para brindarlle un mellor servizo. Con ellos podemos eliminar pragas de xilófagos en vigas, pisos, portas e xanelas, mobles, escaleiras, columnas, teitos e incluso alfombras.

Tecnoloxía microondas para o tratamento de madeira.

O primeiro sistema leva por nome Ecowood. Con el tratamos obxectos mediante microondas que controlan a temperatura de dentro cara fóra, até 90ºC, o que resulta letal para os insectos.

Deixamos un vídeo para que poda ver o funcionamento

 

ecowood control de temperatura ecowood control de temperatura

Manta térmica para tratamentos de madeira

O segundo sistema é a envoltura ou manta térmica. Utiliza o mesmo principio de quentamento que os raios do Sol, as ondas de infravermello lonxanas, neste caso a través de paneis calefactores modulares que podemos adaptar perfectamente á forma da superficie a tratar. Estas ondas penetran na superficie da madeira e acaban coa infestación mediante un proceso de deshidratación.

Trátase dunha enerxía 100% segura e moito máis eficiente que o calor tradicional por convección ao non ser necesario quentar o volume total do aire arredor dos obxectos a tratar. 

Ao igual que os outros sistemas descritos, o equipo degrada a molécula de proteína dos insectos ata o seu exterminio.

tecnología de calor por infrarrojos

Nas seguintes imaxes podemos ver unha mostra do funcionamento  dos paneis calefactores aplicados sobre distintas superficies.

paneles calefactores para tratamiento carcoma

Ambos os métodos logran os seus resultados sen lle causar dano ao obxecto tratado.

Estaremos encantados de responder as preguntas ou cuestións que poda ter sobre estes ou calquera outro procedemento que podamos ofrecerlle.

 

Como eliminar Woodworm e outros xilófagos dos mobles?

Contactar con ARUMIA

Desratización

Desratización

Desratización Son moitas as comunidades, administracións de fincas, propiedades de vivendas ou negocios e instalacións industriais...que nos chaman por problemas relacionados cos roedores. Os roedores, ademais de representar unha presenza incómoda en calquera fogar,...

read more
Desinsectación

Desinsectación

Tratamiento Desinsectación   Os procedementos de xestión e control de pragas oriéntanse a combinar diferentes actuacións de forma conxunta e coordinada. Resulta fundamental, primeiro, coñecer o/os tipo/s de inzo/s a controlar: o insecto ou insectos, e dese xeito,...

read more
Desinfección por coronavirus

Desinfección por coronavirus

Servizos de desinfección de coronavirus En Arumia somos profesionais da desinfección de espazos, por iso ofrecémoslle a seguridade dos seus empregados e clientes coa garantía de Arumia. Todo o noso equipo está cualificado e ten os elementos necesarios para a súa...

read more
×