Desratización
Son moitas as comunidades, administracións de fincas, propiedades de vivendas ou negocios e instalacións industriais…que nos chaman por problemas relacionados cos roedores.
Os roedores, ademais de representar unha presenza incómoda en calquera fogar, comunidade ou instalación, son contaminantes potenciais e transmisores de doenzas, Incluso, poden ser causantes de perdas económicas a causa dos estragos que poden ocasionar.
A prevención de pragas en roedores fundaméntase no control da poboación múrida. Para iso, de acordo coas directrices técnicas establecidas en cada caso concreto, procedemos seguindo estes puntos básicos:
- Inspección para identificar as especies involucradas e factores ambientais actuantes.
- Elaboración de recomendacións en materia de hixiene e limpeza para impedir a disposición de alimentos e refuxio
- Prevención pasiva da infestación coa eliminación de puntos de entrada
- Redución da poboación múrida mediante a aplicación de rodenticidas
É importante destacar que colocamos o cebo sempre en condicións seguras, dentro de caixas convenientemente pechadas, denominadas portacebos, de maneira que fica impedido o acceso de calquera outro animal ás mesmas.
Estes cebos son identificados e rexistrados nun plano, ao igual que se rexistran as intervencións que realizamos así como os datos do seguimento que practicamos.
Os cebos, cando xa viron cumprida a súa función, retirámolos e xestionamos como é preceptivo, para evitar que queden no medio ambiente.
Eliminación e control de roedores de forma rápida e efectiva
Se cre que viu indicios de ratas ou ratos na súa casa ou negocio e desexa axuda profesional, podemos realizarlle un diagnóstico en Arumia: faríamoslle unha inspección de xeito totalmente gratuíto, e caso de que se confirmen as sospeitas, deseñaríamoslle un tratamento de desratización que se axuste ás súas necesidades co seu correspondente plan de acción.