Trampas Antipombas na Praza de Abastos
grupo de palomas

Dedicamos unha boa parte da nosa actividade profesional a finais de 2021 a instalar sistemas antipalomas nas naves da Praza de Abastos en Santiago de Compostela.
As pombas, sen dúbida, e tamén as gaivotas e outras especies, atopan neste tipo de equipamentos un foco de atracción pola cantidade de alimento dispoñible, e mesmo por contar con lugares confortables e resgardados para o seu posamiento.

Estes animais, nin que dicir teñen, representan un problema serio nun centro de dispensación de alimentos de tanta relevancia como este.

A primeira tarefa a realizar neste tipo de servizos foi a inspección da zona para coñecer as circunstancias concretas sobre as que se quere intervir, xunto coa recompilación de todo tipo de información relevante, para elaborar un diagnóstico e un plan de actuación.

En base a iso, determinouse como obxectivo impedir que no interior das naves nas que se aloxan os postos de venda e de restauración, atopasen lugares nos que puidesen pousarse tal como facían, lugares que na maior parte dos casos situábanse encima dos propios postos. Deste xeito evitariamos que puidesen permanecer no interior das naves e, sobre todo, evitariamos que as deyecciones de excrementos e demais material desprendido, como plumas, ameazase a hixiene dos postos e a propia actividade de compravenda.

Así pois, instaláronse barreiras con filamento metálico ao longo das naves, un sistema físico que busca molestar o suficiente ás aves para non deixalas pousar e afastalas da zona. Estas barreiras acompañáronse doutras en forma de púas e produto repelente a colocar nas caixas eléctricas e demais instaladas nas paredes. Na zona das portas de acceso das naves tamén se procedeu a instalar púas na parte superior das cristaleiras, así como máis barreiras de filamento metálico e repelente específico nas repisas interiores que lles puidesen ofrecer un lugar para estar.

Nas revisións efectuadas con posterioridade á finalización dos traballos, e introducidas determinadas correccións, constatouse que os sistemas conseguiron os resultados pretendidos.

 

Concello de Ares, desratización

Concello de Ares, desratización

¡Estamos emocionados de anunciar o noso máis recente cliente! ARUMIA comezamos a traballar co Concello de Ares para ser a empresa encargada do control de ratas no termo municpal. Sentímonos honrados de resultar seleccionados para este traballo importante e estamos...

read more
×