Térmites ou formigas aladas?
Temitas Aladas

Nesta época do ano podemos topar con estes insectos e bo é  saber algo máis do tema, especialmente polo que nos poda indicar canto a presenza de térmites, dada a ameaza que representan para as estruturas de madeira das nosas vivendas e edificacións.

A imaxe amosa como, aínda que os nosos ollos estean pouco afeitos a facelo, podemos distinguir facilmente se o que temos diante son formigas ou térmites voadoras.

termita alada hormiga alada

Indicaremos en primeiro lugar que é máis frecuente observar formigas aladas que térmites, pois hai máis.

Se nos fixamos un pouco, comprobaremos que a formiga ten o abdome separado do tórax por un pecíolo (estreita a cintura) mentres que o termite ten o corpo en continuo. Tamén presentan claras diferenzas nas ás: o térmite ten as 4 iguais en tamaño e móstraas montadas, un par sobre o outro. A formiga alada móstraas abertas e apreciaremos que as 2 de atrás son máis pequenas cás de diante.

Por último poderiamos indicar que no caso das formigas, dependendo da especie, podemos atopar aladas en calquera momento do ano, cousa que non sucede cos térmites con presenza en Galicia.

 

Temitas Aladas

Que nos indica a presenza de térmites alados?

Os térmites alados son axentes reprodutores. Como sucede con outros insectos, organízanse en categorías de individuos chamados castas: os reprodutores, entre eles a raíña máis o rei, os soldados e as obreiras. Nun ataque activo de térmites sobre madeira os que soemos encontrar son obreiros e soldado. Cada unha das castas ten a súa función claramente delimitada.

Os alados abandonan durante o día a colonia en grandes vós nupciais, en forma de enxamía. Este é o único momento do ciclo da colonia en que adoptan unha forma que lles permite soportar a insolación directa. Isto prodúcese fundamentalmente nos meses de abril e maio, se ben, dependendo da especie, son máis ou menos estimulados polas chuvias e temperaturas suaves. Deste xeito buscan aparearse e formar unha nova colonia. Xúntanse en túneles protexidos de depredadores, e aí é onde ten lugar o apareamento, que trae consigo a perda das alas, polo que tampouco resultaría estraño que nolas puidéramos encontrar tiradas nalgún lugar do chan.

Serán moi poucas as parellas que logren fundar nova colonia. Neste caso, escavarán unha galería na que a femia poñerá os primeiros ovos. Desta operación obteranse as novas raíñas e reis.

A parella alimentarase e coidará das primeiras ninfas ate a súa maduración, momento no que xa poden poñerse a traballar para a colonia

termitas al descubierto

En conclusión, a presenza de térmites alados na vivenda, ou nas proximidades, convértese nunha dos (poucos) sinais visibles da existencia de colonia de térmites, que poderían estar ameazando os elementos de madeira da edificación, polo que se faría recomendable acudir a algunha empresa especialista que poda realizar un diagnóstico da situación.

 

Que perigo representan os térmites en casa?

Os térmites aliméntanse de celulosa que atopan na madeira morta, como é o caso da madeira de obra. Actúan de forma oculta ao ollo humano pois fano sobre o interior da mesma sen apenas deixar mostras na superficie. Se a construción acusa humidade e escasa ventilación, o risco de sufrir ataque agrávase, pero temos encontrado casos nos que non se daban estas circunstancias favorecedoras.

Os que teñen meirande presenza en Galicia é o Reticulitermes s.p.p., ou térmite subterráneo. Teñen o niño principal no subsolo, cun único centro reprodutor, ou ben con varias unidades interconectadas. Os niños alcanzan os miles, e incluso millóns, de individuos. Desde aí escava galerías de ascensión y canais de progresión para poder chegar á madeira.

 

Termitas comiendo la madera

Ataca tanto frondosas como coníferas, en concreto a maior parte das especies de madeira existentes en edificios antigos de Galicia (castiñeiro, carballo, piñeiro, eucalipto, etc.) e as galerías confecciónaas en paralelo á dirección da fibra, separadas entre si por unha capa fina de madeira (de maneira que consegue que teña un aspecto de folla de libro, tal como se pode apreciar na imaxe anterior).  A superficie da peza vai quedar intacta, se ben en ocasións sobre superficies vernizadas ou pintadas poden apreciarse ondulacións e/ou descoracións sintomáticas dun ataque interno.

Como xa indicamos nos máis dos casos, o ataque vese favorecido pola humidade elevada na madeira por infiltracións de auga a través da cuberta, apoios das cabezas das vigas nos muros, extremo inferior dos cercos de portas, xanelas, etc.

 

termita obrera asomando

Pola importancia que en múltiples sentidos teñen estes emprazamentos, tal como se advirte nalgunha publicación[1], dada a presenza habitual de térmites na maioría dos cascos históricos galegos -extremo que ARUMIA S.L. podemos confirmar directamente despois dos estudios que realizamos no Casco Histórico de Ourense e n’A Peixaría de A Coruña, así como dos múltiples traballos que puidemos efectuar ao longo destes anos, principalmente tanto en Santiago de Compostela como en Betanzos e Ferrol, entre outras poboacións-, faríase aconsellable confirmar os posibles síntomas de presenza nos edificios con elementos de madeira destas áreas.

Tes máis información aquí.

[1]2008, Oscar Glez. Prieto, Manuel C. Touza Vázquez y Xosé Francisco Pedras Saavedra, Patoloxía da madeira estrutural, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, página 29.

As 5 pragas máis comúns no inverno

As 5 pragas máis comúns no inverno

O control de pragas é unha parte esencial da vida cotiá, especialmente durante os meses de inverno cando unha variedade de intrusos indesexables poden buscar refuxio nos nosos fogares. Quer que falemos de  ratas, cascudas, chinches, formigas ou pulgas, todas estas...

read more
Os 5 Sinais dunha Infestación de Ratos no teu Negocio

Os 5 Sinais dunha Infestación de Ratos no teu Negocio

En Arumia, sabemos que la presenza de ratos en establecementos comerciais pode representar un desafío significativo para a seguridade alimentaria e a integridade do lugar. Recoñecer os signos dunha posible infestación de ratos desde o principio é esencial para evitar...

read more
×