Control ecolóxico e hixiénico de roedores.
Continuando a nosa liña de actualización continua dos medios de xestión de pragas, en ARUMIA comezamos agora a introducir unha nova trampa de multicaptura de roedores (ratas e ratos) con dispositivo de supervisión en remoto.
Trátase da Ekomille RC, que podedes ver na fotografía.
Control ecolóxico e hixiénico de roedores.
Consiste nunha máquina, cos seus correspondentes cebadores nos que podemos colocar alimento natural e graxa que atraia aos animais (o tipo de alimento atraente variará en función de se pretendemos controlar rata parda, rata gris ou rato común), e deseñada ao efecto.
Esta máquina está provista dun sensor, así como dunha trampa xiratoria, que cando opera deixa caer ao exemplar a un depósito que contén líquido desodorizante e desinfectante, onde morre. A capacidade do depósito pode alcanzar até 80 individuos (para o caso de ratos), y nel poden permanecer sen olores e sen ocasionar molestia ningunha ata que a ou o técnico proceda a retiralos. Isto poderá facelo conseguindo manter allena a toda esta operación ao cliente ou persoal a cargo da instalación. Deste xeito evítase algún dos grandes problemas inherentes a outros métodos, cos que te podes atopar cun roedor atrapado nun cepo ou nun adhesivo, ou tamén con sinais de putrefacción no lugar que ocupas sen que podas saber de onde vén, ou che resulte imposible acceder a el.
Algunhas vantaxes que presenta para a industria alimentaria e noutros usos.
Por isto é un dispositivo de grande interese para a nosa actuación na industria alimentaria, na que o uso de rodenticidas e o risco de animais mortos propio doutros sistemas, sempre é un motivo de preocupación. Hai que mencionar ademais aquí que cumpre cos estándares de calidade establecidos BRC, IFS e APPCC, entre outros.
Ao ser unha trampa multicaptura, cunha elevada capacidade, resulta moi útil alí onde haxa unha importante infestación, ou se conte cunha presenza potencialmente elevada de múridos, como pode acontecer en centros de tratamentos de residuos ou en canceiras.
Como podes ver, non utiliza ningún veleno nin sustancias tóxicas, polo que é máis respectuosa co medio ambiente e reúne unhas condicións de hixiene e seguridade superiores.
Esta trampa permitiría incluso actuar en modo Animal Friendly, se se optar por evitar matar aos animais capturados, facendo que o depósito actúe exclusivamente como receptáculo para apresalos ata o seu traslado a outro lugar.
Monitorización permanente das estaciones de control. A internet das cousas no control de pragas
Ademais a Ekomille RC é unha máquina intelixente, pertencente xa a outra xeración de sistemas de control de pragas. Conta cunha conexión a unha páxina web, coa que a través dun teléfono móbil, un tablet ou un ordenador, se pode facer un seguimento a distancia do funcionamento sen necesidade de pedir acceso ao local que está sendo tratado. Así pois, e en tempo real, o equipo de xestión de pragas podemos supervisar 24 horas/365 días o tratamento: se se produce detección de animais e cantas, se se producen capturas e cantas, así como calquera incidencia que poda estar comprometendo o funcionamento do operativo, como por exemplo un atasco na trampa.
O dispositivo de monitorización intelixente opera de forma autónoma, polo que non require de cableado nin ningún tipo de conexións aos servizos do local tratado.
Sistemas de control de pragas de última xeración.
Por todo o que acabamos de expoñer, trátase dunha innovación que nos brinda novas posibilidades no control integrado de pragas e no servizo ao cliente. Non só nas empresas do sector alimentario anteriormente mencionadas, senón que pretendemos incorporalas para fortalecer as solucións que ofrecemos nas nosas actuacións en granxas e matadoiros, no sector agrícola e na industria en xeral, na hostalería e restauración, fincas e turismo rural, parques públicos e espazos verdes, parques naturais, hospitais e centros de saúde, escolas e garderías, así como para municipios e institucións públicas. Como en todos os casos, despois do correspondente diagnóstico técnico e valoración técnica que lles son propias á metodoloxía do control integrado de pragas.
Así pois, os nosos plans inmediatos teñen como obxectivo ir instalándoas alí onde se nos demande un servizo de xestión de roedores e a consideremos unha solución adecuada á situación, tanto nas zonas xeográficas onde maior concentración de traballos temos: A Coruña, Arteixo, Oleiros, Culleredo, Carral, Cambre, Sada, como nas outras demarcacións onde tamén contamos con importante presenza, como pode ser a de Betanzos-Miño-Pontedeume, Ferrol-Narón e Santiago de Compostela-Ames-Oroso.