A proliferación de insectos nesta época do ano fai que as empresas de control de pragas teñamos que multiplicar os servizos que realizamos.
Nesta ocasión, realizamos unha actuación contra a couza en distintos puntos dunha vivenda que se dispón para alugar en A Coruña: portas, parqué, etc., para o que nos valemos de pincelación de produto insecticida máis dun equipo de panel calefactor para tratamento por temperatura contra xilófagos.
Ademais, tivemos que ocuparnos de realizar unha nebulización con produto insecticida por presenza de formigas voadoras e peixiños de prata ou lepismas, entre outros.
Estas nebulizacións son actuacións rápidas na execución pero teñen un prazo de seguridade, polo que durante un determinado período de horas as persoas deben permanecer ausentes das estancias tratadas.