As velutinas raíñas e a formación de novas colonias
nido de velutina

As velutinas raíñas e a formación de novas colonias

As avespas raíñas, únicas femias fértiles da colonia, emerxen do seu letargo contra finais de febreiro ou primeiros de marzo, dependendo da temperatura exterior e do rigor do inverno. De feito é nas zonas máis temperadas onde antes atoparemos avespas fundadoras. Nas áreas máis frías do interior, detectaranse máis tarde.

Nesta época do ano, na vida da avespa velutina, as protagonistas son as raíñas novas que se recuperan do inverno para a construción do niño primario. Fano de una forma graduada, no que non deixa de ser una estratexia de adaptación e supervivencia da especie.

Estas raíñas novas, antes de abandonar o niño para pasar o inverno, alimentáronse das larvas e de regurxitacións de obreiras, procurando aumentar os niveis de reservas de graxa necesarios para pasar a estación. Son estas as únicas da colmea que sobreviven no inverno.

Para converterse en futuras raíñas fundadoras tiveron que ser fecundadas con éxito durante o outono polos machos, se ben tamén haberá raíñas non fecundadas, por ter sido sorprendidas pola chegada do inverno ou debido á ausencia de machos. Neste caso,  poderán iniciar un novo ciclo pero o niño non será viable, xa que toda a descendencia estará formada por individuos machos.

As fundadoras pasan o inverno en solitario ou en grupos de varios individuos, resgardadas das inclemencias do tempo máis dos depredadores. Fano en troncos de madeira, en buratos realizados por larvas doutros insectos, entre as follas do bosque, debaixo de tellas, en buratos no chan, etc.

En pleno inverno as fundadoras non teñen actividade, e o seu metabolismo redúcese para poder sobrevivir. Este fenómeno coñécese como diapausa.

Moitas non sobreviven a esta época, pola acción de doenzas (provocadas por fungos), accidentes e/ou a acción dos propios depredadores.

Cada fundadora, soa, comeza a creación dunha nova colonia en cuxo niño haberá unha única raíña. Para iso aliméntase de líquidos azucrados, néctares, normalmente de plantas que estean florecidas na época: salgueiros, camelias, etc. Ao tempo proporciónalle soporte físico á súa proxenie.

Este niño temperán sempre se acha en lugares protexidos, tanto das inclemencias do tempo como de posibles depredadores. Poden estar en edificios ou construcións humanas, tellados, xanelas, dentro de almacenes, casas, colmeas baleiras etc.  ou en zonas forestais ao acubillo (arbustos, debaixo da terra…).

Trátase este dun niño de pequeno tamaño, e ao primeiro podería dicirse que é unha especie de paraugas, aberto ao exterior, cunhas celas cativas para os primeiros ovos de obreira. Nelas a raíña deposita 3 o 4 ovos. Días seguintes, a raíña engadirá varias envolturas que protexen ao “paraugas”, e deixará unha entrada na parte baixa do niño.

Estes niños son moi parecidos aos do avespón europeo, vespa crabro, e unicamente a identificación dos seus moradores permite distinguilos.

larvas de asiatica en la mano

 

Son momentos delicados para a futura colonia, pois o niño é moi vulnerable: a propia raíña é a que sae por celulosa para formar o niño máis a por alimento, co risco que isto supón. A maior causa de morte dunha colonia é precisamente a falta de raíña (ben por abandono ou por morte). Así pois, moitos niños iniciados nesta época non continúan o seu desenvolvemento.

Transcorridos entre 4 e 8 días da posta dos primeiros ovos saen as larvas. Son carnívoras, polo que a raíña caza insectos, escachízaos e dállos ás crías.

En 30 días as larvas convértense en avésporas obreiras, e ao que nacen dispóñense a axudarlle á raíña nos traballos do niño: isto é, cazar alimento para as larvas, coidar delas, limpalas, alimentalas, ampliar o niño, defendelo de intrusos, manter a temperatura adecuada no interior, etc.

Será contra finais de abril ou primeros de maio cando xa se podo ver a primeira xeración de obreiras, que serán cativas en comparación coas futuras, debido a que o alimento que conseguen tan reducido número de forzas será escaso. Ademais o niño nestas circunstancias non pode ofrecerlles unhas condicións óptimas de temperatura.

Atendendo á súa morfoloxía, as raíñas e as obreiras son indistinguibles ao ollo humano.

Conforme o niño medra, máis obreiras se encargan do coidado das larvas. Deste xeito, irán logrando progresivamente ver aumentado o tamaño dos individuos.

Un detalle non sempre coñecido é que a alimentación realízana, ao igual que os térmites, por trofalaxia. Boca a boca. Os aparatos bucais dos insectos entran en contacto e traspasan así nutrientes, tanto entre adultos como entre adulto e larva.

Co paso das semanas, os individuos que traballan a favor da colonia irán véndose multiplicados.

A raíña sairá cada vez menos, pois xa non é preciso, ata que deixa de facelo, deixándolles todos  os labores do exterior ás obreiras.

 

As raíñas de velutina e a importancia do trampeo

trampa avispa asiatica

Como vemos, raíñas novas son decisivas na formación de novas colonias. Non hai que esquecer que a función da raíña é a de poñer ovos (xerar novos individuos), pero tamén producir feromonas de cohesión e regulación das actividades dentro do niño.

Segundo as estimacións dispoñibles cada niño produce entre 200 e 500 raíñas.

trampas velutina

 

velutina en la trampa

 

De aí a grande importancia que adquire o trampeo de raíñas nestas semanas de primavera para reducir as posibilidades de proliferación na zona da avespa asiática.

Son innumerables os lugares nos que podemos encontrar información sobre como podemos confeccionar trampas con apenas custe económico:

https://www.eidolocal.gal/es/vespa_velutina

https://www.campogalego.es/claves-practicas-para-el-trampeo-de-raíñas-de-avispa-asiatica-en-primavera/

Os niños de avespa asiática

O máis habitual é que a partir de xuño se trasladen a un niño que chamamos secundario. Nese momento a colonia pode alcanzar o centenar de individuos.

Estes niños secundarios son os que nos resultan xa moi familiares. Normalmente sitúanos en lugares altos, seguros e que lles permita ir ampliándoo conforme aumenta o número de ovos, larvas, ninfas e obreiras  (polas das árbores, alas de tellados, etc.). Ben é verdade que cando o primario se encontra nun lugar adecuado para continuar co crecemento da colonia, as avésporas optan por non confeccionar o secundario e fican no lugar orixinal construíndo sobre o propio primario.

nido de velutina

Da construción do niño secundario encárgase unha parte das obreiras do niño primario. Directamente constrúen un niño duns 20 centímetros e con varios centos de celas para os ovos. A operación ten lugar durante o día, pero levaralles varias xornadas. Así, a caer a noite retíranse ao niño primario, e o novo niño permanece sen habitantes, ata que á mañá seguinte retoman a tarefa

Cando finalizan a construción, todos os insectos adultos, incluída a raíña, trasládanse ao secundario.

As 5 pragas máis comúns no inverno

As 5 pragas máis comúns no inverno

O control de pragas é unha parte esencial da vida cotiá, especialmente durante os meses de inverno cando unha variedade de intrusos indesexables poden buscar refuxio nos nosos fogares. Quer que falemos de  ratas, cascudas, chinches, formigas ou pulgas, todas estas...

read more
×