Desinsectación en domicilio por eliminación de oxíxeno en burbulla a medida.

 

Estas semanas estamos realizando un tratamento de desinsectación por asfixia, ou máis propiamente dito, por anoxia, en volumes de papel que se queren preservar da acción dos insectos, tanto dos bibliófagos como daqueles outros que podan afectalos.

 

Esta metodoloxía aplícase en múltiples sectores de actividade como a industria alimentaria ou a conservación de pezas de valor histórico cultural.

Introducimos as pezas (neste caso tomos, pero poderían ser outro tipo de obxectos) nunha burbulla de baixa permeabilidade ao oxíxeno que imos construíndo a medida. No interior da burbulla introducimos sacos inhibidores de oxíxeno, apoiados por bolsas de control da humidade, que han de conseguir crear esas condicións de atmosfera pretendidas, nas que os insectos morren por anoxia. Para asegurar que se dan estas condicións, realizamos unha supervisión desde o exterior por medio de sondas que nos permiten controlar os índices no nivel pretendido. Para esta monitorización axudámonos dun dispositivo de control Smart Anoxia a través do que podemos inspeccionar a actuación a distancia.

 

 

A duración do tratamento, por volta de 4 semanas, posibilita acabar cos insectos sexa cal for a fase de crecemento na que se encontren.

O tratamento conta cunha garantía por 3 años.

Concello de Ares, desratización

Concello de Ares, desratización

¡Estamos emocionados de anunciar o noso máis recente cliente! ARUMIA comezamos a traballar co Concello de Ares para ser a empresa encargada do control de ratas no termo municpal. Sentímonos honrados de resultar seleccionados para este traballo importante e estamos...

read more
×