Coidar a Calidade do Aire en Interiores (CAI) ante as sucesivas ondas da COVID-19.

A variante Ómicron e os espazos interiores na transmisión do virus.

Nas semanas pasadas asistimos a un incremento imparable do número de persoas contaxiadas e da actividade asistencial nos centros de saúde, resultado dunha nova variante, a Ómicron, así como de comportamentos sociais característicos da época do Nadal, na que incrementamos as celebracións e reunións sociais, e tamén as compras e visitas a comercios, e todo iso máis en espazos pechados nos que máis dificilmente se pode contar coa opción da ventilación natural, pola climatoloxía propia da estación do ano.

Así pois, os interiores, tanto dos locais de ocio e de restauración, como dos centros e establecementos comerciais, pasaron a ocupar o centro das preocupacións de autoridades e expertos.

O papel da Calidade de Aire Interior para conter a propagación do coronavirus

Ao calor desta situación, a Asociación Nacional de Empresas de Sanidade Ambiental (ANECPLA), entidade da que ARUMIA S.L. fai parte, alertaba do papel fundamental que xoga o adecuado control da C.A.I. por parte de profesionais do sector para frear a expansión do virus SARS-CoV-2 e axudar a deter as ondas da COVID-19 que se producen.

En concreto chama a atención sobre a importancia de que tanto locais de ocio como de restauración, hoteis, centros comerciais, etc. leven a cabo un axeitado mantemento da calidade do aire interior (CAI) dos seus establecementos por parte de persoal cualificado. Unha recomendación igualmente válida para todas aquelas instalacións que congreguen persoas, como poden ser centros de maiores e asistenciais en xeral, oficinas…

Segundo se recolle na nota de prensa, a transmisión polo aire do coronavirus é xa unha evidencia irrefutable. Son múltiples os casos documentados de presenza do virus en condutos de ventilación e demostrouse que, no aire, este virus ten un potencial infeccioso de ate tres horas. En espazos pechados, a súa propagación aumenta exponencialmente.

A importancia dos sistemas de ventilación e climatización en condicións óptimas.

Por todas estas razóns, faise fundamental atender os labores de posta a punto e mantemento dos sistemas de ventilación e climatización por parte de profesionais acreditados que teñan moi en conta las Recomendacións de operación e mantemento de sistemas de climatización e ventilación para a prevención da propagación do SARS-CoV-2 publicadas polo Ministerio de Sanidade en colaboración co Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico máis o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).

Pensamos que se trata dunha cuestión de saúde pública de primeira orde, pero que ao mesmo tempo se converte tamén nun elemento de confianza que a clientela considerará. Saber que o local ou instalación no que vas estar durante un tempo conta cun sistema acreditado de auditoría de Calidade do Aire Interior máis cun sistema de climatización/ventilación ben configurado e desinfectado, ao día en hixienización certificada, representa un plus que está moi por encima do simple feito de contar ou non cun medidor de CO2, que el público saberá valorar á hora de escoller o establecemento no que vai entrar.

Podes coñecer máis detalles sobre o que che podemos ofrecer en Calidade do Aire en Interiores no seguinte artigo.

As 5 pragas máis comúns no inverno

As 5 pragas máis comúns no inverno

O control de pragas é unha parte esencial da vida cotiá, especialmente durante os meses de inverno cando unha variedade de intrusos indesexables poden buscar refuxio nos nosos fogares. Quer que falemos de  ratas, cascudas, chinches, formigas ou pulgas, todas estas...

read more
×