Nesta ocasión fué unha comunidade de propietarios dun edificio da Coruña a que nos solicitou un servizo de desinsectación en zonas comúns. Despois de realizar unha visita para coñecer de preto o problema e o seu alcance, determinouse que existía ataque de xilófagos sobre a escaleira de madeira, en concreto de caruncho.
Dadas as características da zona para tratar propúxose un tratamento térmico cun equipo transportable, que é o que se pode ver nas fotos (podes atopar máis información sobre o mesmo aquí).
Este equipo (para entendernos: unha especie de manta térmica) colócase axustándoa sobre a peza para tratar e failla actuar durante o tempo programado para o tratamento en curso. A exposición á elevada temperatura acaba cos insectos, tanto se están en fase ovo, larva ou adulto, sen ocasionar ningunha deterioración sobre o obxecto para conservar.
Trátase por tanto dun tratamento localizado nas áreas concretas afectadas e que non representa ningún perigo para a saúde nin ocasiona os inconvenientes propios da utilización de produtos tóxicos.
Poderíase mesmo dicir que é tan limpo, que mesmo houbo queixas por parte dalgúns veciños. Cando despois do tratamento comprobaron como estaba a escaleira, pensaron que non fixeramos nada nela.
Como nos demais casos, sobre estes tratamentos en madeira que realizamos estendemos unha garantía por 3 anos de duración.