Os enxames de térmites alados xa están aquí

É un paxaro? É un avión? Non. Son térmites alados.

 

É esta a época propicia para observar o que non é máis ca una das formas máis fáciles de identificar térmites.

No que se refire aos térmites subterráneos11, que son os que adoitamos encontrar, en primavera é cando forman o enxame, unha especie de nube formada por térmites alados reprodutores que saen voando ao exterior desde o termiteiro en voo nupcial. Non en van, diferentes estudios relacionan a radiación solar recibida polo niño coa aparición destes fenómenos. Xunto con este factor tamén opera a humidade, e así soen producirse uns días despois dun episodio de chuvia.

Pois ben, estes térmites alados ou reprodutores son producidos en gran número polas colonias que alcanzan determinado nivel de madurez, e cando se dan as condicións levantan o voo para conquistar outros emprazamentos. A función principal do enxame é a dispersión dos individuos sexuados para a fundación de novas colonias.

enxame de termites alados reprodutores

Dispersión dos térmites

 

A diferenza doutros insectos, como as abellas do mel e as formigas, os machos e femias dos térmites non se aparean durante, senón despois de enxamear.
O voo dos térmites é débil e vacilante xa que carecen de músculos adecuados nas alas e non posúen ningún aparato para acoplar e coordinar as alas frontal e posterior de cada lado; no entanto adoito son axudadas polas correntes de aire.
Os térmites contan con innumerables inimigos -aves, morcegos, lagartos e insectos-, aos que estas formacións non lles resultan indiferentes, polo que estes enxames se acaban vendo reducidos no seu éxodo, pero ao utilizar a estratexia do número logran o obxectivo, que non é outro que asegurar que un número suficiente poda colonizar novas localizacións e fundar termiteiros.

 

O apareamento dos térmites

 

Nun momento determinado os térmites deixan de responder aos estímulos da luz e outros que os fan voar lonxe e cara o alto, e caen a chan. Case inmediatamente despréndense das alas, o que conseguen arqueando fortemente o corpo para oprimir as puntas das ás cara atrás contra o chan, ou ás veces retórcenas e refréganas contra obxectos duros.
Así pois, é frecuente encontrar alas ciscadas polo chan, que sinalan tanto o final do enxameado como a mesma presenza destes temidos insectos. Insectos que é importante distinguir claramente das formigas aladas, moito menos perigosas canto a capacidade de causar danos na madeira que podemos ter en casa. Para coñecer como distinguir as unas das outras deixámosche aquí este artigo.

Apareamento dos térmites

 

Ao que están fóra, os térmites reprodutores buscan a un individuo do outro sexo, removen as súas ás, e deciden onde será o seu novo niño, que é ao que cada parella dirixe a súa atención. Un dos individuos (normalmente o macho) segue o final do abdome do outro individuo e móvense xuntos nun evento coñecido como “tándem”.
Para a decisión de onde instalarse, normalmente buscan fendas no chan ou na madeira podre e húmida. As chuvias pasadas permiten suavizar a terra máis a madeira, e iso facilita que as parellas podan dar cun lugar adecuado. Ate que non encontren ou preparen unha cavidade adecuada ee estean encerrados con seguridade nela, cousa que ás veces leva varias semanas, non se aparean realmente.
Despois do apareamento o ex-alado que pasa a ser raíña producirá os ovos que serán o inicio dunha nacente colonia.

termites alados sobre superficie de parede

Que pode significar atopar térmites alados?

Por tanto, se descobres térmites alados ou restos de ás na túa casa ou instalación, has de pensar que ou ben os tes no edificio ou ben escolleron ese lugar para desenvolver un novo termiteiro.

 

Outras formas de identificar térmites

Outros síntomas que indican presenza dos térmites subterráneos son:
• Rastros na parede: restos de barro, durezas e grumos pastosos colgando do teito.
• Danos na madeira: deterioración da estrutura da madeira e incluso perda de coloración da mesma, en ocasións con rastro de barro seco ao seu paso.

restos de canal termítico

mostras de ataque de termites

Como actúan os térmites?.

 

Os térmites atacan tanto frondosas como coníferas, en concreto a meirande parte das especies de madeira existentes en edificios antigos de Galicia (castiñeiro, carballo, piñeiro, eucalipto, etc.) e as galerías confecciónanas en paralelo á dirección da fibra, separadas entre si por una capa fina de madeira (co que conseguen que teña un aspecto de folla de libro). A superficie da peza vai quedar intacta, se ben por veces sobre superficies vernizadas ou pintadas poden apreciarse ondulacións e/ou descoloridos sintomáticos dun ataque interno.

Nos máis dos casos, o ataque vese favorecido pola humidade elevada na madeira debido a infiltracións de auga a través da cuberta, apoios das cabezas das vigas nos muros, extremo inferior dos marcos de portas, ventás, etc.

Está en marcha unha iniciativa colaborativa para coñecer a distribución xeográfica dos térmites que podes consultar aquí. Aínda se pode considerar incompleto pero axuda a facerse unha idea da súa extensión polo territorio, pois xa son numerosos os concellos consignados, especialmente das áreas de A Coruña e Ferrol (Valdoviño, Neda, Pontedeume, Betanzos, Irixoa, Paderne, Bergondo, Cambre), Santiago de Compostela en dirección á costa de Noia e Muros, provincia de Pontevedra, Mariña lucense (O Vicedo, Foz, Alfoz, Viveiro e Ribadeo) e algúns puntos da provincia de Ourense.

Para saber como podemos resolver o problema que podas ter, deixámosche aquí este artigo.

1 Os que teñen maior presenza en Galicia é a Reticulitermes s.p.p., o térmite subterráneo. Teñen o niño principal no subsolo (a 25 m. de profundidade), cun único centro reprodutor, ou ben con varias unidades interconectadas. Os niños alcanzan os miles, e incluso millóns, de individuos. Desde aí escava galerías de ascensión e canais de progresión para poder chegar á madeira.

Innovación en trampas para ratos

Innovación en trampas para ratos

No mundo actual, constantemente evolucionado, o control de pragas vai avanzado considerablemente alén dos métodos rudimentarios e anticuados. Os avances na ciencia e a tecnoloxía teñen permitido a creación de trampas mais eficaces e humanitarias para os roedores,...

read more
Medidas preventivas contra as pulgas

Medidas preventivas contra as pulgas

Vivir sen pragas pode parecer un soño para moitos, pero é absolutamente posible coas medidas preventivas adecuadas. Nesta guía, imos discutir especificamente sobre as pulgas, estes pequenos insectos que son unha verdadeira ameaza para a nosa saúde e a das nosas...

read more
×