Nebulización contra formigas e outros insectos en vivenda

A proliferación de insectos nesta época do ano fai que as empresas de control de pragas teñamos que multiplicar os servizos que realizamos.

Nesta ocasión, realizamos unha actuación contra a couza en distintos puntos dunha vivenda que se dispón para alugar en A Coruña: portas, parqué, etc., para o que nos valemos de pincelación de produto insecticida máis dun equipo de panel calefactor para tratamento por temperatura contra xilófagos.

Ademais, tivemos que ocuparnos de realizar unha nebulización con produto insecticida por presenza de formigas voadoras e peixiños de prata ou lepismas, entre outros.

 

 

Estas nebulizacións son actuacións rápidas na execución pero teñen un prazo de seguridade, polo que durante un determinado período de horas as persoas deben permanecer ausentes das estancias tratadas.

Reparación trampa  procesionaria en Fene

Reparación trampa procesionaria en Fene

Na segunda semana de febreiro, despois do temporal da fin de semana, tivemos que desprazarnos de novo ao Colexio Vos Casais, do Concello de Fene, para revisar as trampas para a procesionaria que colocaramos en 3 árbores. Como sabedes, a procesionaria do piñeiro,...

read more
×