É máis frecuente que se recorra ás empresas de control de pragas como ARUMIA por problemas relacionados coas pombas ou coas gaivotas, pero outras aves tamén, dependendo de múltiples factores, poden ocasionarnos prexuízos de diversa índole.
Nesta ocasión trátase de gorrións ou pardaos, que se estableceron no interior dun supermercado, onde pasan o día convivindo con clientes e empregados nun gran establecemento no que encontran alimento (nos restos que podan quedar da actividade do frecuentado establecemento, e incluso picando paquetes), auga (víronse bebendo nunha palangana que se coloca para recoller unhas pingueiras) máis un magnífico lugar onde construír o seu niño (de feito van deixando caer polo supermercado restos de porexpan que desprenden co peteiro, pódese supoñer que para procurarse un bon refuxio.
Para resolver estes e outros problemas causados por aves tanto no interior de instalacións ou negocios como en exterior, como pode ser o caso de comunidades de propietarios, particulares ou empresas, utilizamos múltiples sistemas, que van desde a captura á instalación de barreiras físicas como as redes, as púgas ou os filamentos, complementados ou non con produtos ou dispositivos repelentes.