Protocolo de actuación en cascos urbanos afectados por problemas de térmites subterráneos.
Neste artigo queremos axudar a presentar a que vén representar a primeira ferramenta no Estado español para a Administración Pública para acometer os problemas de térmites en cascos urbanos. Esta ten carácter de norma AENOR: UNE 56418:2016
A través dela establécese un protocolo de actuación para cando teña lugar un caso de térmites subterráneos nun edificio público ou privado de calquera municipio de España.
Trátase dun documento técnico redactado polo grupo de traballo de expertos de térmites do Subcomité 4 «Protección de Madeiras do Comité Técnico 56 «Madeira e Cortiza» da Asociación Española de Normalización (AENOR).
Nace dunha idea de, fundamentalmente, profesionais do sector de control de pragas con experiencia en aplicar sistemas para control de térmites en edificios.
A quen está dirixida?
1.- Administracións públicas.
2.- Organizacións e empresas de tratamentos, para o caso de que un conxunto de edificacións se vexa afectado por un ataque de térmites subterráneos.
Pero sobre todo á Administración local, ante a que se erixe como primeiro documento base para a toma de decisións cando se presentan casos de presenza de termitas nos edificios situados en calquera municipio.
Cales son os síntomas de presenza de térmites subterráneos?
Os térmites non son fáciles de ver a simple vista, pois desenvolven a súa vida ocultas. Aínda así, si podemos observar os reprodutores alados na primavera, cando realizan os seus vós nupciais para a reprodución e formación de novas colonias.
Ocasionalmente tamén poderiamos ter a oportunidade de encontrar obreiros en estruturas de madeira ou próximos a elas, baixo a forma de insectos con aspecto esbrancuxado e con patas, cun certo parecido ás formigas.
Resulta máis frecuente atopar indicios da súa actividade. O máis característico é a presenza de canles de aspecto terroso en paredes e/ou elementos de madeira e madeira deteriorada con restos de detritos, como podemos apreciar nas imaxes.
Que danos poden provocar os térmites?
Sábese que en 5 anos unha colonia de térmites pode degradar a estrutura de madeira dun edificio ate requirir intervencións importantes de restauración, consolidación e/ou substitución das estruturas portantes.
A norma establece un protocolo máis unha sistemática de actuación
Este protocolo figura representado na seguinte imaxe, que se ve acompañada do fluxo de actuacións que se desprenden del
Cales son os edificios a considerar?
Esta ferramenta sistematiza as situacións que podemos encontrar e ás que debemos prestar especial atención.
Caso 1. Edificacións nas que se detectou presenza de térmites e se vai a realizar ou se realizou un tratamento de control.
Para o caso de que este fora con cebos, utilizando os mesmos monitores ou detectores que se
usaron na fase anterior, a duración da fase de monitorización e vixilancia non debe ser inferior a 24 meses. Para aqueles casos nos que se realizara a fase de control con outro método, débense colocar detectores para monitorizar e establecer un período de vixilancia de duración igual ao anterior, o no seu defecto pódese xuntar un certificado de eliminación máis un programa de mantemento ou garantía de cando menos 24 meses.
Caso 2. Edificios públicos ou de concorrencia pública nos que as estruturas de madeira principais ou secundarias ( tarimas, escaleiras, etc.), non estean á vista.
Nos que, por tanto a súa deterioración non sexa perceptible e o seu desprendemento poda ocasionar un dano aos seus ocupantes ou usuarios. O obxectivo da monitorización neste caso é o de vixiar aquelas partes de madeira ou compostas por celulosa da instalación, que se consideran importantes para garantir a seguridade das persoas. Nestes casos, mentres exista risco da aparición de térmites debe existir una vixilancia ou monitorización específica.
Caso 3. Edificacións nas que o nivel de tolerancia de insectos xilófagos sexa cero.
Por exemplo aqueles edificios ou instalacións en contacto directo coa terra, ou os que posúan na súa estrutura ou no seu interior elementos en madeira ou celulosa que estean considerados como un ben patrimonial ou cultural protexido, como poden ser madeiras molduradas, talladas, esculturas o arquivos históricos, incluíndo calquera instalación ou inmoble que requira pola súa estrutura ou funcionamento a ausencia total de térmites. Ao igual que no caso 2 a súa monitorización deberá ser continua mentres exista o risco de padecer un ataque de térmites.
Caso 4. Zonas nas que polas súas características da contorna e de ordenación do medio se catalogaran como de risco na fase de diagnóstico.
Neste caso, ao igual que nos dous anteriores a vixilancia ha de manterse mentres subsista risco de aparición e proliferación de térmites.
Para saber máis sobre sistemas de tratamento para o control de térmites podes consultar aquí.
*Este artigo foi elaborado utilizando material de Francisco García, Xefe de Produto de Exterra